Un can con moita historia

lunes, octubre 31, 2005

Margaret Bourke-White

Tanta Frida Khalo, tanta Frida Khalo, na Coruña temos á fotógrafa Margaret Bourke-White, na Sala de exposiciones Caixa Galicia
Médico Rodríguez, 2. Menos mal que o arte desgraba, menos mal que as caixas están obrigadas a ter contido social, menos mal que pararon a Cidade da Cultura, menos mal que a arte comeza a ter nome de muller, menos mal para combater a choiva estival.

miércoles, octubre 26, 2005

¿Por qué?


Non o entendo, porque os gatos que viven na miña casa teiman en parecerse a min (é dicir, a un can), ¿que síndrome gatuno-edípico é ise?
Persiguen á miña dona, están correndo todo o día detrás dela, ata se vai ata a estrada a tirar a basura acompáñana...Esto é a guerra, onde se viu que os gatos queiran disputarse o monopolio da sumisión, da entrega, do seguidismo, nnnoooooooooooooonnnnnnnnnnnnnnn, eles non, sempre foron independentes, autónomos, nada serviles.
¿Que cambio de roles é iste?¿Que papel teremos que desempeñar os cans para seguir tendo unha función social?¿Por que os miminos sufren este síndrome? O mundo cambia día a día, eu non dou creto, quedo con cara de can pasmado.

sábado, octubre 22, 2005

Marta Ferrusola hai máis que unha


Pois si, onte unha libreira catalana, andivome a explicar a súas experiencias coa inmigración, repetía que ela non era racista, pero que claro, que alá na Masia os marroquís non lle comían butifarra nin costela de porco, e que claro, aquí cordeiros non había. A tal burguesa tivo que contratar a unha marroquí,cando non chegaran as ecuatorianas, e dicía, o día que intentou matar o polo, pero tiña que ser mirando para Meca, e ninguén sabía onde quedaba a Meca, foi un trauma para ela. Non era racista, pero precedecía que remataríamos todos na mezquita, imaxinades a Sagrada Familia convertida en mezquita. A muller, amante dos libros e cunha tenda de antigüidades insistía, cas ecuatorianas mellor, máis proximidade cultura, máis butifarra e máis pantumaca!! Escoitar para crer!!

viernes, octubre 21, 2005

Insomnio rambleador


Buahhh, que cansada é a vida para un can nunha gran cidade, todo o día a ramblear, tropezar con xente, paradas en semáforos, 8 horas de clases, agotador. Imaxino que estará por demostrarse que vivir no campo alonga a existencia, a miña polo menos si.
Logo falan da dieta mediterránea, se andan todo o día a roer bocadillos, esta xente non coñece a slow food...paro de queixarme, que parezo can con pulgas. Ten as súas cousas boas, pero eso deixoo para outro día, porque como os meus dous primeiros días aquí son de insomnio, pois é terrible de levar, aguantarei sen durmir!!

jueves, octubre 20, 2005

En contra do nomadismo!!


Desapareceu,unha das miñas donas marchou, que carafio fará, alá volve a Barcelona...pero bueno, e eu que, quen vai xogar conmigo, a quen lle vou poñer eu a pata, agora que descubriu que me poño de mal humor cando non teñen tempo a xogar comigo, que non son tan bravo, colle e marcha, que vida a destes humanos, sempre dun lado para outro, eu non chos entendo, non!!
Logo virá soltando ese rollo do Estado do Benestar, buffffffffff, que pesadilla, co tranquiliña que me andaba pola casa...en fin, ela verá para que lle serve saber sobre iso, eu non acabo de entendelo.
Seica pasa as mañás e as tardes nese edificio da foto, e que agora ten compañeiros novos de clase, bueno, xa contará á volta...

lunes, octubre 17, 2005

www.varicarames.com



Vari Caramés estra páxina web, parte da súa obra nun formato accesible, aberto e nun paseo por unha obra que sempre transmite. Di o autor:

"Amigos, pendurade os prexuizos no percheiro e dadevos o gustazo, disfrutade da travesía. A vida é un pasatempo, gozade do "tránsito", unha copa, algo de Jazz...¡e a flotar!


Velaí vai unha imaxe en tránsito e cotiá, que nada ten que ver coas de Vari Caramés, as boas, as que transmiten nesta páxina...unha delicia para os que cremos que a fotografía é un xogo. Internet semella ser á súa vez unha xanela intrépida, para os que nos arricamos a mirar...esta desde logo é unha ollada máxica.

domingo, octubre 16, 2005

Re-habitación en Barcelona


Pois si, Barcelona, a modernista, cae a cachos, e coma sempre son os máis excluídos os que pagan as consecuencias (véxase a morte de cinco inmigrantes onte), non sei se con Estatut novo ou sen el, pero precísanse moitos cartos para reconducir a situación na que viven centos de barceloneses no Gótico, no Raval...desde logo, esa non é a BCN opulenta, pero non só no financiamento autonómico está o problema, tamén haberá que mirar para dentro, para redistribuir dentro do territorio catalán a riqueza, eso tamén é unha mirada autocentrada!!

sábado, octubre 15, 2005

Poemario de Mónica Góñez


Hoxe vou plaxiar a páxina web de María Yañez (cito, eso si: www.todonada.com, unha das páxinas máis creativas e inxeñosas que se fan en GZ-Land, palabra de can), e tamén ó xornal Galicia Hoxe (http://www.galicia-hoxe.com/canles/rdl/20051013/01.pdf).

E fago todo isto, para felicitarte Mónica (Góñez), por fin poderemos mercar un libro teu (Ámote Mundo), non é sen tempo, desde que escrebemos xunt@s o Manifesto do Carballo ó Espeto na Travesa de Basquiños, non volvera a ler nada teu, non era sen tempo, pero si é con moita alegría. Descoida será agasallo de aniversario, para os próximos aniversarios de galaicos/as culturaletas!

Ahhhhh, pero ti non cambiaches nadiña, sempre desafiando á realidade con ese sorriso, bueno, para que vexas que ós cans tamén nos gusta a literatura, e que somos público fiel como diría o esterotipo.

A vida é así!!




E a veces florecemos, tamén as persoas...hoxe deixeime de hostias, e fun enredar eu cos que habitan alá dentro, na casa, vamos...non é fácil ser can, a veces un abúrrese, pero hoxe non, hoxe a xogar coma un neno.

viernes, octubre 14, 2005

Cassia Eller




A verdade é que gloggear é un exercicio cultural, ata para un can lacazán coma min. Unha recomendación (http://pawley.blogalia.com). Gracias ó pawley, coñecín á brasileira Cassia Eller, gracias. Eu quédome con "Malandragem"...

MALANDRAGEM

Composição: Cazuza / Frejat
Quem sabe eu ainda sou uma garotinha
Esperando o ônibus da escola sozinha
Cansada com minhas meias três quartos
Rezando baixo pelos cantos
Por ser uma menina má
Quem sabe o príncipe virou um chato
Que vive dando no meu saco
Quem sabe a vida é não sonhar

Eu só peço a Deus
Um pouco de malandragem
Pois sou criança
E não conheço a verdade
Eu sou poeta e não aprendi a amar
Eu sou poeta e não aprendi a amar

Bobeira é não viver a realidade
E eu ainda tenho uma tarde inteira
E eu ando nas ruas
Eu troco cheque
Mudo uma planta de lugar

Dirijo meu carro
Tomo o meu pileque
E ainda tenho tempo pra cantar


Eu só peço a Deus
Um pouco de malandragem
Pois sou criança
E não conheço a verdade
Eu sou poeta e não aprendi a amar
Eu sou poeta e não aprendi a amar

Eu ando nas ruas
Eu troco cheque
Mudo uma planta de lugar

Dirijo meu carro
Tomo o meu pileque
E ainda tenho tempo pra cantar
Pra cantar

Eu só peço a Deus
Um pouco de malandragem
Pois sou criança
E não conheço a verdade
Eu sou poeta e não aprendi a amar
Eu sou poeta e não aprendi a amar

Eu só peço a Deus
Um pouco de malandragem
Pois sou criança
E não conheço a verdade
Eu sou poeta e não aprendi a amar
Eu sou poeta e não aprendi a amar

Hoxe estou de mala hostia!!


Chove, chove por dentro e por fóra, a xente na casa, e eu alí soíño fóra, menos mal que despois penso en irlles poñer as patas na baldosa e deixar a miña marca, je, je...estou de tan mal humor, que lle rosmei ó gato que vive con nós, Filispín, que se cree ese, que eu teño mala hostia, ehhhh!!!! Pois si, cabreado contra o mundo, grrrrrrrrrr, estou que mordo...e aínda por riba CHOVE. Véxase o meu mal humor!!

miércoles, octubre 12, 2005

E dígoche, grrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr!!!

Descarga policial en Pacoland!!


E logo din que os cans non saben, pois nada, xa vin na tele o que pasaba hoxe na Coruña, carga policial brutal contra os manifestantes "contra"-bandeira-española e prol bandeira galega (incríble, en la España Plural, a golpazo limpo por discrepar). Que homiño, seguro que non lle gustamos os cans tampouco, claro que estes actos son para provocar á "kale borroka" curuñesa, si es que Paco a provocador e pistolero non hai quen lle gañe. Que razón tiña Ignacio Ramonet, hoxe na Voz falando do problema da inmigración en Ceuta e Melilla:

"Se precisa tener una concepción bien triste de la historia de España para empecinarse de modo tan frenético (recordemos a José María Aznar reconquistando el islote Perejil) con lo que sólo son unas meras piedras castigadas por el sol y el mar. Uno siente hasta vergüenza viendo cómo algunos tratan de dar testimonio de una historia tan inmensa aferrándose a la minúscula pequeñez de esas poco honrosas conquistas. Hace tiempo que se sabe que la grandeza de un país está en sus ideas, en sus creaciones y en sus gentes, y no en la posesión de espacios arrebatados por la fuerza."


Pois si, Ramonet, e dicho un can, que tristura de patriotismo español, todo por la patria e a bandeira, e a quen non lle guste a pau limpo ós facemos entrar en razón, cantas luces no nacionalismo español, Don Paco. Esta noite, ata un can coma min, non vai durmir tranquilo!!

Paco, que pesado!!


Eu hoxe contento porque é festivo, e teño a todo mundo a xogar comigo, pero menudo festivo, estes, os humanos festexan o día da Hispanidade, e alá na Coruña, outro ano máis o Paco vai facer ondear a bandeira máis grande da Hispania, será que canto máis grande pois máis se lle enche o peito a este homiño.
Xa o vía eu moi caladiño, ti sempre nos sorprendes, Paco, pero sempre co mesmo. Eres un pesado Paco, que pasado, que se a misa pola morte do Papa, que si a España in-disoble frente a España Neskuit...que rollo de alcalde!!

Eu creo que hai que comezar unha campaña a prol da adesión de Paco ó Opus Dei, unha recollida de firmas, Paco ó Opus Dei, eu poño a pata!!

martes, octubre 11, 2005

¿A miña ideoloxía?



Eu ser, sonche de Lugo, é dicir, alí nacín, co que non lle fago áscuas ó polbo á feira. Pero vivo mellor sen Don Manuel, e como a miña pelaxe indica, gústame defender o meu e á miña xente, e aínda por riba ando marcando territorio cada vez que levanto a pata, vamos, que o resto dos cans do lugar din que son nacionalista. Eso si, de esquerdas, que haxa pienso para todos os cans e gatos, non me gusta ver eses cans abandonados polo camiño, todo tristura. E dos políticos humanos que dicir, hai os tedes, facendo populismo co polbo, meu deus, mira que misturar sempre gastronomía e política, que xentiña, están todos toliñ@s, eu non os entendo, non chos entendo non, eses humanos están todo tol@s .

Non vivo só...


Non, non, non vivo só, está Bis e está Filispín, eu con quen mellor me levo é coa Vis (a minimicha), é máis sociable que él, deixa que a lamba, que a colla polo peliño, en fin, todo un xoguete, senón na casa habíame aburrir. Pero eso sí, eu sego a ser o rei da casa.

lunes, octubre 10, 2005

Bolsas FPU


Pois si, namentres eu me dedico á boa vida, son libre, corro, salto, brinco, e persego ó coello que vive con nós na casa...pois un dos seres humanos que vive comigo anda a vexetar todo o dia diante dun aparello cadrado, eu miro para ela, pero en fin, escoitolle dicir que anda a pedir unha bolsa, máis cartos, bueno, a ver se me caen latas de gourmet despois...que rico!!

Toxo, son eu, un can

Velaí, comeza a camiñar o meu blog, co título da vida dun Toxo, é dicir, a miña vida, a vida dun can. O Toxo, son eu, o da foto, je, je, je, moito máis guapo en directo, claro está.

Co paso dos días xa vos irei contando coma é a miña vida, a que dedico o meu tempo libre, cales son as miñas aficcións, e con que xente vivo. Coma vedes, ser can non está nada mal, eso si, como vos acerquedes polo Regueiro, ollo coa miña dentaina, que a min a xente descoñecida só por internet. Non son tan fiero como pinto, pero eso que levo entre os dentes é un tronco de madeira, só para impresionar un pouco ó persoal, na miña primeira presentación, guuuuuaaaaaaaaaaaaaaaaauuuuuuuuuuuuu!!!!!!!!!!