A vida de Toxo

Un can con moita historia

sábado, junio 16, 2007

Cartelería galega

Blogueando en día invernal atopei a compilación de imaxes cartazes galegos realizadas por Bertez, que dan unha visión moi gráfica do avance da publicidade en Galicia e da nosa propia ideosincrasia como país. É xenial atoparnos con mensaxes doutro tempo e analizar o significado das mesmas. Como mostra, velaí vos van tres carteis: as manifestacións a prol da liberdade de expresión na TVG e en apoio a Tareixa Navaza, a imaxe moderna e sobria do PSG-EG de Camilo Nogueira en claro contraste coa imaxe corporativa do nacionalismo (BNG) que continúa baixo a influencia da iconografía AN-PG da transción, e finalmente, Don Paco Vázquez candidato á alcaldía da Coruña nas eleccións do 83, cuia imaxe vale máis que mil palabras! Recoméndovos consultar a mesma, porque realmente hai verdadeiras xoias extraidas por Bertez (creador do blog Aduaneiros sem Fronteiras e da Redes Social Chuza!) do catálogo on-line da Rede de Bibliotecas Nodais de Galicia.

domingo, mayo 27, 2007

Eleicións locais


Está claro que hai candidaturas que nós, os cans, non podemos ver nestas eleccións, e iso que non temos dereito a votar! Desde aquí que menos que reivindicar máis zonas verdes para pasear, reducción do tráfico rodado, e máis servicios sociais caninos para os máis desfavorecidos!

jueves, mayo 17, 2007

Mariña D´or


Realmente real...

Documentais made in Galiza



Que eu aconselle acender o televisor é algo incrible, pero hoxe a Tele-Gaita emite unha programación especial no Día das Letras Galegas que comeza ás 16:45 cunha curtametraxe de animación e segue cunha serie de documentais sobre: María Mariño, a visión que os inmigrantes teñen dos galegos, a relación da xente nova coa lingua galega, etc. Non volo perdades, eu non penso! Como aperitivo aí vos vai o trailer do documental sobre lingua e mocidade!

sábado, mayo 12, 2007

Toxo comendo nas uvas

A extrema dereita portuguesa


Unha pequena visita a Portugal, e na fronteira vas e atopaste co auxe "lepeniano" luso...cando menos da súa cartelaria. Mete medo!

domingo, octubre 08, 2006

Battaglia agárdanos en Acea da Lama

Letizia, de ama de casa a fotógrafa de recoñecido prestixio, e a súa obra visita a nosa xeografía, desafiante e crítica, o seu exemplo vital e as súas imaxes amosan o grao de deterioro da sociedade italiana que continúa vivindo co poder oculto da mafia. Se no Concello de Culleredo collesen o teléfono, quizáis sería máis doado desprazarse a ver esta exposición...non estendo porque a descentralización non leva aparellada un mapa para localizar o "descentralizado". Paradoxas da nostra sociedade galega!