Un can con moita historia

martes, noviembre 01, 2005

EUROS


O outro día peguei a miña orella aguda canina, escoitei unha conversa telefónica moi graciosa. Ese membro do colectivo que habita na casa falaba cunha administrativa da Xunta, reclamaba unha inxente cuantía que esta Administración lle adebeda.
A administrativa comentáballe a súa situación laboral, que se eran dúas, que era moito traballo para elas, e que non se preocupase: "ti pensa en positivo, terás cartos para os agasallos de Nadal", "nós non che podemos dicir cando". Despois de colgar, a miña dona andaba a dicir, "nada, nada, voulle dicir eu a Telefónica, vós pensade en positivo, teredes cartos para incrementar os beneficios en Nadal" ou "mala sorte, amigos de Telefónica, non vos podo dicir cando, pero cobraredes, que son unha institución sólida".
Bahhh, non che digo que os humanos preocúpanse por parvadas...
MMMMMMMMmmmmmmmmmmmm, hora de comer, creo que é hora de roubarlle a comida a eses felinos despistados, je, je, je.