Un can con moita historia

viernes, diciembre 31, 2010

O mellor para o 2011

Ola!

Este é o meu post-felicitación, é dicir, só quero desexarvos un fantástico aninovo. Merecédelo. Sinceramente non se me ocurriu nada orixinal, para a creatividade fai falta tempo. Pero pensei en partillar o que descubrín e me gustou no 2010, esperando que a ti tamén te poida aportar algo (Absterse seguidores do meu perfil en Facebook, todo está repetido). 
¿Qué demonios está pasando no mundo (e por inclusión en España e en Galicia? David Harvey, Zygmunt Bauman, Ricard Wilkinson , Naomi Klein, Alain Touraine, Jeremy Rifkin, Vicenç Navarro ou a propia Bruxa Avería opinaron ao respeto, e aquí vai a miña sesgada selección. 
Pero por sorte para vos isto non será materia de exame, pois este padecemento só lle tocou sufrilo ao meu alumnado. Sen embargo, no 2010 tamén coñecín webs que nos permiten acceder a unha información distinta e ampliar a nosa visión sobre a realidade como Sociological Images, Presseurop ou Café Babel
En canto á música sempre hai achados como Vampire Weekend, Russian Red, Legendary Tigerman, Rodrigo LeãoStereo TotalRupa&The April Fishes, Nneka, Hindi Zahra, Aias o Hiagen capaz de crear él só un proxecto musical
O 2010 foi pobre cinematográficamente falando dende o meu punto de vista, por falta de tiempo pola miña banda para ver cine e pola oferta nada innovadora que chegou ás pantallas. Sempre hai xoias en formas cortometraje como Logorama, Pixels, ou Pudor. En formato largometraxe ficaría con Canino de Yorgos Lanthimos, un clásico como é El hombre de mármol de Andrzej Wajda e unha película de animación australiana chamada Mary&Max do director Adam Elliot.
En canto a fotografía son fiel a Philip-Lorca DiCorcia e as súas fotos roubadas, Dulce Pinzón e  os seus inmigrantes-héroes, Bert Teunissen e o mundo rural global, Cristina García Rodero e a súa poética visión de Galicia, Jan Banning e a serie Burócratas e finalmente, ao fotógrafo africano Emeka Okerete
O ano pasado trouxonos a confirmación dalgunhas sospeitas, reforzou algunhas crenzas,   descubríunos algúns xoguetes, provocou o advenimento dalgúns medos e reafirmounos en verdades universais
Non sei que nos deparará o futuro (só faltaba), só sei que o pasado foi fantástico grazas a amizades como a túa, e agardo que o que está por vir sexa aínda mellor. Así que creo que podemos queimar os   libros de autoaxuda porque realmente o que nos salvará será a nosa empatía polos outros como nos dí Jeremy Rifkin, e eu engado o sentido de humor. O dito: deséxovos o mellor para o próximo ano.  
Bicos, 
Toxo.
P.D.: E se esta felicitación non vos convence sempre hai alternativas