Un can con moita historia

domingo, diciembre 25, 2005

Que susto!!

Bueno, a min como can, gústame o Nadal, toda a xente na casa aburrida, que van facer, máis que xogar comigo, que festas, que alegría. E aínda por riba, comín a corpo de can, bacallau e langostinos a esgalla, nada de pienso dese, guhhhhhhh, que marabilla.

Pero estaba eu co papo cheio, acompañando a Mamá Juana á lavadora, cando vin no chan ese gato, que fai un gato enriba dun calcetín, bufffffff, que susto, quedei pasmado, puxéronse os pelos de punta, e ata vin peligrar a digestión do bacallau, que todavía non é día dos cans inocentes, facerme esto a min, que xa son minoría na casa desde que chegaron eses dous gatos lampantíns. Creo que estou algo enfermo, comezo a velos por todas partes, cada día son máis, no salón, nos calcetíns, nos manteis, nas postais, ...guau, guau, guaaaaaaauuuuuuuu!!

Mensaxe de Nadal de Pilar Cernuda

Tal día como hoxe, non quero deixar de mandavos o mensaxe de concordia, paz e solidaridade da boca de Pilar Cernuda, que cito dun blog amigo, que á súa vez recolleu do Xornal "Galicia Hoxe"

"Ninguén conta que no seu instituto tiveron que pór seguridade privada na porta porque desde hai semanas os latin kings asexan pola zona e pegáronlle xa unha malleira a un dos seus amigos; tampouco contan que as dúas nenas musulmás están a vivir un inferno familiar porque a súa relixión, que os seus pais seguen ó pé da letra, indica que a muller debe estar na casa a partir da menstruación. Nenas coas que Xabi apenas cambiou palabra a pesar de que compartiron aula varios anos, elas non falan máis que coas nenas musulmás. Así nunca se sentirán ben, acostuman comentar Xabi e os seus amigos. Ademais demostran medo ante os nenos musulmáns, que son cantidade, medo a que as denuncien se as ven falar con compañeiros. Por certo, a Xabi preocúpalle, e moito, que os musulmáns fagan rancho á parte."

sábado, diciembre 24, 2005

Boas Festas!!

Boas festas/enchentas:

Porque cada ano cae bacallau en Noiteboa, non está mal, pero...
o ritual implicalo deixar de comelo en Setembro, así segues fiel á tradición. Porque a xente se pon tan nerviosa, nestas datas? Porque toca cesta de Nadal, outro ano máis? Porque respetamos ós Reis Magos?

Pero, que botará a TVG este ano o día de Noiteboa? (u-lo Juan Pardo?, tempos aqueles, nas que a xente tiña de escusa a TVG para estar contra o mundo, me cago en tal!!).Eu o ano que vén, comida china, hostia, que xa chega de bacallou e marisco!!

domingo, diciembre 11, 2005

La niña santa


E falando de mística relixiosa, como non, nunha tarde coma hoxe, dominical, nada mellor que ver La Niña Santa da arxentina Lucrecia Martel.
Se vos gustou "La Ciénaga" esta non defrauda, vai a máis, a inusitada musicalidade, os encadres traballados, os diálogos, as personaxes perfectamente construídas e táctiles...sempre que vos guste Lucrecia Martel, claro está!!