Un can con moita historia

domingo, enero 08, 2006

Criterios estéticos


Bueno, bueno, agora non paran de dicirlle á miña dona que sae máis guapa nas fotos a minicha ca eu, pero esto que vai ser. En fin,sobre gustos non hai cores, pero non hai punto de comparación como podedes ver...votade, porque se a prefiredes a ela, esté terá que ser o blog da minimicha!!

viernes, enero 06, 2006

Reis caninos!!

Como molan estas celebracións humanas, pola mañá banquete canino, unhas delicias en lata (mmmmm) e anaco roscón (buahhhhhh, ¿pan a un can?). Despois agasallos unha pelota que anda xa escondida pola horta abaixo, je, je, je, un comedeiro novo de cor laranxa, mola, e unha tiras de beicon (touciño enfebrado) de Rubadub, que ben!!
(Este espacio está sendo financiado por Comedeidors para cans "San Dimas" e comida de animais "Rubadub")

domingo, enero 01, 2006

APADAN


Ela chámase Lena, ¿a que é guapa? Pois é unha cadela que foi abandonada coa súa nai e os seus irmáns, hai que ser (tuffff, grrrrr...). Pois quero facer un chamamento á toda a comunidade canina (e guau-friendly):

A Asociación Protectora de Animais Domésticos Abandonados do Noroeste (APADAN) encárgase de recoller ós mesmos e buscarlle unha familia que lles de cariño. Pois nada, que podídes (podemos) facer unha pequena donación, ¿non? Se non é nada, seguro que tedes a Caixa Activa de Caixa Galicia, o Pastor Clic, ou algo de banca electrónica, son uns euriños, veña, ho!! Senón, díxome M.V. que se pode doar comida, un paseo cos cans, etc.

Nº Conta de Caixa Nova: 2080-0219-28-0040001034
Teléfono Asociación: 626-076776

Gracias, é que non todos somos Toxo, e así todos poñémoslle un pouco de pienso de humanidade, dese que nos sobra na conta bancaria, que non damos gastado, que sí, que temos de máis de todo, CD de máis, DVD´s de máis, roupa de máis...e tamén hai que ter bós sentimentos de máis.

Ese tipo tan raro de vermello e barbas


Quen é ese tipo enano de vermello que se pon sempre a carón do piñeiro de Nadal e ó lado do Portal de Belén de cristal? Por qué esta xente foi ó monte a cortare unha árbore? Non sei, é moi raro, eu sei que estes días ando a comere, buaaaahhhhhhhh, trátanme buaaaaahhhh, e escoiteilles falar de agasallos, buuuuuuuuuahhhhhhhh. Cáeme ben ese tipo de vermello, sempre que el aparece, a min vaime que nin Deus, porque se vai tan cedo, que quede a vivir na casa, que mentres haxa chuletóns para min, que máis pode pedir un can, buaaaaaaaahhhhhhh, un chuletón, unhas gambiñas, un anaquiño de turrón, buaaaaaaaahhhhhh, quen quere agora volver á tristura de roere no pienso, buaaaggggggggggggggg, non, non, eu ei de roubare cos dentes ó tipo ese, así sempre chuletón!!