Un can con moita historia

domingo, enero 01, 2006

APADAN


Ela chámase Lena, ¿a que é guapa? Pois é unha cadela que foi abandonada coa súa nai e os seus irmáns, hai que ser (tuffff, grrrrr...). Pois quero facer un chamamento á toda a comunidade canina (e guau-friendly):

A Asociación Protectora de Animais Domésticos Abandonados do Noroeste (APADAN) encárgase de recoller ós mesmos e buscarlle unha familia que lles de cariño. Pois nada, que podídes (podemos) facer unha pequena donación, ¿non? Se non é nada, seguro que tedes a Caixa Activa de Caixa Galicia, o Pastor Clic, ou algo de banca electrónica, son uns euriños, veña, ho!! Senón, díxome M.V. que se pode doar comida, un paseo cos cans, etc.

Nº Conta de Caixa Nova: 2080-0219-28-0040001034
Teléfono Asociación: 626-076776

Gracias, é que non todos somos Toxo, e así todos poñémoslle un pouco de pienso de humanidade, dese que nos sobra na conta bancaria, que non damos gastado, que sí, que temos de máis de todo, CD de máis, DVD´s de máis, roupa de máis...e tamén hai que ter bós sentimentos de máis.

No hay comentarios: