Un can con moita historia

sábado, junio 16, 2007

Cartelería galega

Blogueando en día invernal atopei a compilación de imaxes cartazes galegos realizadas por Bertez, que dan unha visión moi gráfica do avance da publicidade en Galicia e da nosa propia ideosincrasia como país. É xenial atoparnos con mensaxes doutro tempo e analizar o significado das mesmas. Como mostra, velaí vos van tres carteis: as manifestacións a prol da liberdade de expresión na TVG e en apoio a Tareixa Navaza, a imaxe moderna e sobria do PSG-EG de Camilo Nogueira en claro contraste coa imaxe corporativa do nacionalismo (BNG) que continúa baixo a influencia da iconografía AN-PG da transción, e finalmente, Don Paco Vázquez candidato á alcaldía da Coruña nas eleccións do 83, cuia imaxe vale máis que mil palabras! Recoméndovos consultar a mesma, porque realmente hai verdadeiras xoias extraidas por Bertez (creador do blog Aduaneiros sem Fronteiras e da Redes Social Chuza!) do catálogo on-line da Rede de Bibliotecas Nodais de Galicia.