Un can con moita historia

miércoles, octubre 26, 2005

¿Por qué?


Non o entendo, porque os gatos que viven na miña casa teiman en parecerse a min (é dicir, a un can), ¿que síndrome gatuno-edípico é ise?
Persiguen á miña dona, están correndo todo o día detrás dela, ata se vai ata a estrada a tirar a basura acompáñana...Esto é a guerra, onde se viu que os gatos queiran disputarse o monopolio da sumisión, da entrega, do seguidismo, nnnoooooooooooooonnnnnnnnnnnnnnn, eles non, sempre foron independentes, autónomos, nada serviles.
¿Que cambio de roles é iste?¿Que papel teremos que desempeñar os cans para seguir tendo unha función social?¿Por que os miminos sufren este síndrome? O mundo cambia día a día, eu non dou creto, quedo con cara de can pasmado.

No hay comentarios: