Un can con moita historia

sábado, octubre 22, 2005

Marta Ferrusola hai máis que unha


Pois si, onte unha libreira catalana, andivome a explicar a súas experiencias coa inmigración, repetía que ela non era racista, pero que claro, que alá na Masia os marroquís non lle comían butifarra nin costela de porco, e que claro, aquí cordeiros non había. A tal burguesa tivo que contratar a unha marroquí,cando non chegaran as ecuatorianas, e dicía, o día que intentou matar o polo, pero tiña que ser mirando para Meca, e ninguén sabía onde quedaba a Meca, foi un trauma para ela. Non era racista, pero precedecía que remataríamos todos na mezquita, imaxinades a Sagrada Familia convertida en mezquita. A muller, amante dos libros e cunha tenda de antigüidades insistía, cas ecuatorianas mellor, máis proximidade cultura, máis butifarra e máis pantumaca!! Escoitar para crer!!

No hay comentarios: