Un can con moita historia

viernes, octubre 21, 2005

Insomnio rambleador


Buahhh, que cansada é a vida para un can nunha gran cidade, todo o día a ramblear, tropezar con xente, paradas en semáforos, 8 horas de clases, agotador. Imaxino que estará por demostrarse que vivir no campo alonga a existencia, a miña polo menos si.
Logo falan da dieta mediterránea, se andan todo o día a roer bocadillos, esta xente non coñece a slow food...paro de queixarme, que parezo can con pulgas. Ten as súas cousas boas, pero eso deixoo para outro día, porque como os meus dous primeiros días aquí son de insomnio, pois é terrible de levar, aguantarei sen durmir!!

No hay comentarios: