Un can con moita historia

lunes, octubre 10, 2005

Toxo, son eu, un can

Velaí, comeza a camiñar o meu blog, co título da vida dun Toxo, é dicir, a miña vida, a vida dun can. O Toxo, son eu, o da foto, je, je, je, moito máis guapo en directo, claro está.

Co paso dos días xa vos irei contando coma é a miña vida, a que dedico o meu tempo libre, cales son as miñas aficcións, e con que xente vivo. Coma vedes, ser can non está nada mal, eso si, como vos acerquedes polo Regueiro, ollo coa miña dentaina, que a min a xente descoñecida só por internet. Non son tan fiero como pinto, pero eso que levo entre os dentes é un tronco de madeira, só para impresionar un pouco ó persoal, na miña primeira presentación, guuuuuaaaaaaaaaaaaaaaaauuuuuuuuuuuuu!!!!!!!!!!