Un can con moita historia

martes, octubre 11, 2005

¿A miña ideoloxía?



Eu ser, sonche de Lugo, é dicir, alí nacín, co que non lle fago áscuas ó polbo á feira. Pero vivo mellor sen Don Manuel, e como a miña pelaxe indica, gústame defender o meu e á miña xente, e aínda por riba ando marcando territorio cada vez que levanto a pata, vamos, que o resto dos cans do lugar din que son nacionalista. Eso si, de esquerdas, que haxa pienso para todos os cans e gatos, non me gusta ver eses cans abandonados polo camiño, todo tristura. E dos políticos humanos que dicir, hai os tedes, facendo populismo co polbo, meu deus, mira que misturar sempre gastronomía e política, que xentiña, están todos toliñ@s, eu non os entendo, non chos entendo non, eses humanos están todo tol@s .

No hay comentarios: