O mellor para o 2011
Ola!
Este é o meu post-felicitación, é dicir, só quero desexarvos un fantástico aninovo. Merecédelo. Sinceramente non se me ocurriu nada orixinal, para a creatividade fai falta tempo. Pero pensei en partillar o que descubrín e me gustou no 2010, esperando que a ti tamén te poida aportar algo (Absterse seguidores do meu perfil en Facebook, todo está repetido).
¿Qué demonios está pasando no mundo (e por inclusión en España e en Galicia? David Harvey, Zygmunt Bauman, Ricard Wilkinson , Naomi Klein, Alain Touraine, Jeremy Rifkin, Vicenç Navarro ou a propia Bruxa Avería opinaron ao respeto, e aquí vai a miña sesgada selección.
Pero por sorte para vos isto non será materia de exame, pois este padecemento só lle tocou sufrilo ao meu alumnado. Sen embargo, no 2010 tamén coñecín webs que nos permiten acceder a unha información distinta e ampliar a nosa visión sobre a realidade como Sociological Images, Presseurop ou Café Babel.
En canto á música sempre hai achados como Vampire Weekend, Russian Red, Legendary Tigerman, Rodrigo Leão, Stereo Total, Rupa&The April Fishes, Nneka, Hindi Zahra, Aias o Hiagen capaz de crear él só un proxecto musical.

En canto a fotografía son fiel a Philip-Lorca DiCorcia e as súas fotos roubadas, Dulce Pinzón e os seus inmigrantes-héroes, Bert Teunissen e o mundo rural global, Cristina García Rodero e a súa poética visión de Galicia, Jan Banning e a serie Burócratas e finalmente, ao fotógrafo africano Emeka Okerete.
O ano pasado trouxonos a confirmación dalgunhas sospeitas, reforzou algunhas crenzas, descubríunos algúns xoguetes, provocou o advenimento dalgúns medos e reafirmounos en verdades universais.
Non sei que nos deparará o futuro (só faltaba), só sei que o pasado foi fantástico grazas a amizades como a túa, e agardo que o que está por vir sexa aínda mellor. Así que creo que podemos queimar os libros de autoaxuda porque realmente o que nos salvará será a nosa empatía polos outros como nos dí Jeremy Rifkin, e eu engado o sentido de humor. O dito: deséxovos o mellor para o próximo ano.
Bicos,
Toxo.
P.D.: E se esta felicitación non vos convence sempre hai alternativas.